Blogia
vgomez

MISIÓN Á LÚA

MISIÓN Á LÚA

A superficie da Lúa, segundo a sonda LRO (NASA)

O pasado 17 de xuño foi lanzado, dende Cabo Cañaveral (Florida-Estados Unidos), o lanzador "Atlas V", que levaba a bordo a sonda Orbitador de Recoñecemento Lunar (LRO), e o Artefacto de Observación del Cráter Lunar (LCROSS), chegando á Lúa o 23 de xuño.

Ámbalas dúas naves son o primeiro paso para facer un atlas da superficie e ter máis detalles das súas características para a vida, como é a posibilidade da existencia de auga.

O LRO, atópase xa nunha órbita elíptica, a só 50 km da superficie lunar. Precisamente aquí tedes unha das primeiras imaxes enviadas pola sonda. O seu obxectivo fundamental é identificar plataformas de aterraxe seguras para os astronautas en futuras misións. A permanecia será aproximadamente dun ano.

O LCROSS, dirixirá parte do foguete Atlas, o foguete Centauro, coa fin de impactar nunha rexión lunar de sombra permanente. Como consecuencia do impacto, levantarase unha nube que pode acadar os 10 km de altura. Nos seguintes catro minutos, o instrumental recollerá datos sobre a composición mineralóxica da nube e sobre a posible existencia de xeo no noso satélite. Esta imformación será enviada rapidamente á Terra, pois tamén impactará contra o polo lunar. O tempo de duración desta misión será entre tres e seis meses, pois non se sabe con exectitude o tempo que tardará o LCROSS en chegar ao punto da órbita adecuado para caer nun cráter profundo ou cando haberá mellor ilumniación do Sol.

 

0 comentarios