Facebook Twitter Google +1     Admin

O GALEGO NO ENSINO

20091231114644-galego.gif

O goberno galego acaba de facer público o documento "Bases para a elaboración do decreto de plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia", iniciando agora unha fase de consulta e que entrará en vigor en todo o ensino non universitaria a partir do próximo curso.

Salvo modificacións, a partir do próximo curso os pais elixirán cada ano, mediante a preinscrición de matrícula, o idioma no que queren escolarizar aos seus fillos na etapa de infantil, en función de cal sexa a lingua materna. Esta decisión será vinculante e utilizarase o idioma que salga por maioría. En primaria, secundaria e bacharelato o borrador establece que se impartirá un terzo das horas lectivas en castelán, outro terzo en galego e outro en inglés, preferentemente. Unha das principais novidades é que os pais decidirán ata en que lingua daranse algunhas materias. En concreto, a súa decisión será vinculante en Coñecemento do Medio e en Matemáticas . Cada catro anos farase unha consulta entre os proxenitores na que se decidirá cal delas dar en castelán e cal en galego (en primaria), ou ata se queren as dúas en galego ou as dúas en castelán (en secundaria).

Como vedes moitas novidades que merece a pena ler polo miúdo, por eso  podes facelo pinchando en BASES PARA A ELABORACIÓN DO DECRETO DO PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA  

Queda moito ata que saia o decreto, haberá un gran debate e seguro que opinións contrapostas. Humildemente penso que é interasante a potenciación das linguas estranxeiras, pero vexo que a nosa lingua, o galego, sae prexudicada. Cando a política mete os fuciños no campo da educación con maiúsculas estraga todo. Alá quedan aqueles tempos de grandes acordos (de todos os partidos de Galicia) onde tiña unha paridade do 50% con respecto ao outro idioma oficial, o castelán.

Vermos en que remata esto!

31/12/2009 11:50. vgomez #. OPINIÓN E COMENTARIO

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next