Facebook Twitter Google +1     Admin

ANÉCDOTA REAL

20100403133432-barometro1.jpg

Sir Ernest Rutherford, Presidente da Sociedade Real Británica e Premio Nobel de Química en 1908, contaba a seguinte anécdota:

Hai algún tempo recibín a chamada dun colega. Estaba a punto de poñerlle un cero a un estudiante pola resposta que dera nun problema de física, aínda  que el afirmaba con rotundidade que a súa resposta era absolutamente acertada. Profesores e estudiantes acordaron pedir a arbitraxe de alguén imparcial e fun elexido eu.

Lin a pregunta do exame e dicía:

Demostre como é posible determinar a altura dun edificio coa axuda dun barómetro.

O estudiante respondera:

Levo o barómetro á azotea do edificio e átolle unha corda moi longa. Descólgoo  ata a base do edificio, marco e mido. A lonxitude da corda é igual á lonxitude do edificio.

Realmente, o estudiante plantexáralle un serio problema coa resolución do exercicio, porque respondera á pregunta correcta e completamente. Por outra banda, se lle concedía a máxima puntuación, podería alterar o promedio do seu ano de estudio, obter unha nota máis alta e así certificar o seu alto nivel en física, pero a resposta non confirmaba que o estudiante tivese ese nivel.

Suxerín que se lle dera ao alumno outra oportunidade. Concedinlle seis minutos para que me respondera á mesma pregunta pero esta vez coa advertencia de que na resposta debía demostrar os seus coñecementos de física.

Pasaran cinco minutos e o estudiante non escribira nada. Pregunteille se desexaba marcharse, pero contestoume que tiña moitas respotas ao problema. A súa dificultade era elexir a mellor de todas. Excuseime por interrumpilo e pregueille que continuara.

No minuto que lle quedaba escribíu a seguinte resposta: Tomo o barómetro e  lánzoo ao chan dende a azotea do edificio, calculo o tempo de caída cun cronómetro. Despois aplícaselle a formula da caída libre e así obteño a altura do edificio.

Neste punto  pregunteille ao meu colega se o estudiante se podía retirar. Deulle a nota máis alta.

Despois de saír do despacho, reencontreime co estudiante e pedinlle que me contara as outras respostas á pregunta proposta.

"Bueno, respondeu, hai moitas maneiras, por exemplo tomas un barómetro nun día soleado e mides a altura do barómetro e a lonxitude da súa sombra. Se medimos de seguido a lonxitude da sombra do edificio e aplicamos unha simple proporción, obteremos tamén a altura do edificio."

Perfecto, díxenlle, e doutra maneira? Si, contestou, este é un procedemento moi básico para medir un edificio, pero tamén serve. Neste método, tomas o barómetro e sitúaste nas escaleiras do edificio na planta baixa. Segundo subes as escaleiras, vas marcando a altura do barómetro e contas o número de marcas ata a azotea. Multiplicas ao final a altura do barómetro polo número de marcas que fixechese xa tes a altura.

Este é un método moi directo, por suposto, pero se o que queres é un procedemento máis sofisticado, podes atar o barómetro a unha corda e movelo como se fose un péndulo. Se calculamos que cando o barómetro está á altura da azotea a velocidade é cero e se temos en conta a medida da aceleración da gravidade ao descender o barómetro en traxectoria circular ao pasar pola perpendicular do edificio, da diferencia destes valores e aplicando unha sinxela fórmula trigonométrica, poderemos calcular, sen dubida, a altura do edificio.

Neste mesmo estilo de sistema, atas o barómetro a unha corda e descólgalo dende a azotea á rúa. Empregándoo como un péndulo podes calcular a altura medindo o seu período de oscilación.

En fin, concluíu, existen outras moitas maneiras. Probablemente, a mellor sería tomar o barómetro, golpear con el a porta da casa do porteiro Cando abra, decirlle: "Señor porteiro aquí teño un bonito barómetro. Se vostede dime a altura deste edificio, regálollo."

Neste momento da conversa, pregunteille se non coñecía a resposta convencional ao problema: A diferencia de presión marcada por un barómetro en dous lugares diferentes proporciónanos a diferencia de altura entre ambos lugares. Evidentemente, dixo que a coñecía, pero que durante os seus estudios, os seus profesores sempre intentaron ensinarlle a pensar.

De regreso ao meu despacho, reflexionei longo tempo sobre este estudiante. Mellor que todos os informes sofisticados que ata entón houbese lido, acababa de ensinarme a verdadeira pedagoxía, a que se apega á realidade. Con  mozos como este, non lle temo ao futuro.

O estudiante chamábase Niels Bohr, físico danés, premio Nobel de Física en 1922, máis coñecido por ser o primeiro en propoñer o modelo do átomo con protóns, neutróns e os electróns que os rodeaban. Foi fundamentalmente un innovador da teoría cuántica.

Pero ao marxe da persoaxe, o esencial da anécdota hoxe comentada, é que ensináronlle a pensar. Aprendamos a pensar! Hai mil solucións para un mesmo problema, pero o realmente interesante , o autenticamente xenial é elexir a solución máis práctica e rápida, de forma que poidamos acabar co problema de raíz... e  adicarnos a solucionar outros problemas.


05/04/2010 07:12. vgomez #. CURIOSIDADES

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.