Facebook Twitter Google +1     Admin

VIÑO DE XEO

20100919101112-uva-albarino2.jpg

Uva monovarietal de albariño / Imaxe:sites.google.com

Non é un invento novo! Tampouco o entendades ao pé da letra! O viño de xeo (eiswein) é un viño doce que se elabora en Francia, Canadá ou Estados Unidos. É orixinario de Alemaña e Austria, onde acumula varios séculos de tradición a pesar do moito que custa producilo.

Pois ben, este ano vaise producir aquí en Galicia. Que como se fai? Verdes: As uvas recentemente vendimiadas chegan á adega e son espolvoreadas de inmediato con carbónico (CO2) a -80 ºC e nun cuarto de hora están duras como pedras. Pero hai un truco: a clave está en que se xee unicamente a auga da uva, non a pulpa nin os azucres. Dese xeito é posible separar o mosto se se prensa con rapidez a froita antes de que se derritan os cristais de xeo do seu interior. Dentro da prensa neumática quedan retidos os elementos sólidos: xeo, pel e pebidas, á vez que se obtén un mosto denso, case sen auga e, xa que logo, cunha altísima concentración de azucre, duns trinta graos de alcol probable.

Enorme dificultade implica tamén a fermentación, polo altísimo contido de azucre do mosto. Realízase a baixa temperatura,  requerindo polo menos dez días, porque o mosto é como unha salmoira de azucre. Vai con moita lentitude, tendo unha concentración un 300% superior ao normal. Unha vez fermentado, pasará directamente a botella, cun tempo concreto de maduración, aínda que non en barrica.

A iniciativa  galega é de Adegas Mar de Frades, que intenta conseguir un viño doce de alta calidade obtido por crioelaboración a patir de uva monovarietal de albariño.

Esperemos o resultado, alá por marzo!

FONTE: La Voz de Galicia

19/09/2010 10:11. vgomez #. CURIOSIDADES

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next