Facebook Twitter Google +1     Admin

FÓSIL: GOLFIÑO CON CABEZA DE BALÓN

20101104173701-1288704479-0.jpg

Recreación do golfiño Platalearostrum hoekmani / Museo de Historia Natural de Rotterdam.

Un pescador holandés que faneaba nas augas do Mar do Norte en 2008 acadou unha imprevisible presa. Tratábase dun cráneo de golfiño cunha espectacular morfoloxía. O animal tiña unha cabeza que recordaba a un balón e medía uns seis metros de lonxitude. Os paleontólogos confirmaron que se trataba dunha especie descoñecida para a ciencia e foi bautizada como "Platalearostrum hoekmani" en homenaxe ao seu descubridor (Albert Hoekman).

Fósil del cráneo.

 

Os paleontólogos pensan que este animal habitou o Mar do Norte hai dous ou tres millóns de anos. Era un mamífero que pertencía á familia da que proceden os actuais golfiños.

O cráneo mostra unha cavidade excepcionalmente grande que contén seis dentes. Basándose nas análises de fósiles similares e de parentes parecidos, os investigadores pensan que se trata dunha especie descoñecida emparentada como a balea piloto (Globicephala melaena).

O fósil e unha maqueta do mesmo está exposto no Museo de Historia Natural de Rotterdam.

FONTE: El Mundo

04/11/2010 17:40. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next