Facebook Twitter Google +1     Admin

INFORME PISA

20101208115636-68860-pisa2.jpg

O alumnado galego mellorou os seus resultados no último informe PISA  (Programa para a Avaliación Internacional de Alumnos), realizado pola OCDE (Organización para  a Cooperación e o Desenvolvementoarro Económico) en 2009, e que proporciona resultados globais e niveis de rendemento en comprensión lectora, como materia principal, e nas competencias matemática e científica, como materias secundarias. A avaliación realizouse en 54 centros e participaron nela 1.585 alumnos.

Deste xeito, tal e como se desprende dos resultados feitos públicos o pasado martes, Galicia sitúase por riba da media española en comprensión lectora, cunha puntuación de 486 puntos, 7 máis ca no informe de 2006, e 5 máis que os 481 da media española. Nesta principal competencia analizada, e respecto das demais Comunidade Autónomas españolas, a galega sitúase no grupo nun grupo intermedio, xunto co País Vasco, Asturias, Cantabria e Murcia.

O informe Pisa 2009 analiza tamén, de forma secundaria, as competencias científica e matemática. En referencia á científica, Galicia obtén unha puntuación de 506 puntos, coa que se sitúa no grupo de cabeza, xunto coas Comunidades de Castela e León, A Rioxa, Navarra, e Madrid. Ademais, neste eido o alumnado galego obtén uns resultados 18 puntos por riba da media de España e 5 puntos superior da media da OCDE. En competencia matemática Galicia obtén 489 puntos, 6 por encima da media do Estado, e nun grupo intermedio no que tamén están Asturias, Cantabria, Cataluña e Murcia.

Aínda queda moito por mellorar!

Resultados por comunidades autónomas. A primeira columna corresponde á comprensión lectora; a segunda, ás ciencias; e a terceira, ás matemáticas:

 

 

09/12/2010 09:19. vgomez #. OPINIÓN E COMENTARIO

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next