Blogia
vgomez

ANABAM: PROXECTO LAURUS (II) 2011

ANABAM: PROXECTO LAURUS (II) 2011

 

A pasado 1 de marzo, ANABAM deu comezo á segunda tempada de censos de niños e polos de gaivota na Guarda, un traballo que se prolongará ata mediados de setembro, cando a totalidade dos polos xa abandonaron, aínda que sexa temporalmente, os seus niños. E dicimos temporalmente, porque segundo as nosas observacións realizadas nestes meses, algúns deles continuarán regresando aos seus lugares de nacemento nos seguintes meses, moi probablemente ata que os seus proxenitores, moitos dos cuales seguen acudindo aos mesmos edificios onde aniñaron, volvan facelo.

COLABORACIÓN

 

     Ao igual que o pasado ano, ANABAM pide a colaboración das persoas que dende as súas vivendas podan observar os niños das gaivotas, informándonos dos mesmos. Tódolos datos que nos poidan aportar serán sempre de grande interese. Estes datos poden ser: data de cando empezaron a facer o niño; en que edificios se sitúa o niño; cantos ovos hai; cantos polos naceros; data de nacemento dos polos; etc.

 

     As persoas que desexen colaborar poden entregar estes datos en ANABAM ou ben informándonos a través do correo electrónico anabam.anabam@terra.es ou telefonicamente: 986 627 255; 986 611 799 ou  616 180 557.

 

ANABAM PIDE A COLABORACIÓN DOS PROPIETARIOS E PERSOAS QUE SUBAN AOS TELLADOS PARA ELIMINAR OS NIÑOS DAS GAIVOTAS

 

     ANABAM agradece aos propietarios, albañiles, etc, que cando suban aos tellados para eliminar os niños das gaivotas, estes os metan nunha caixa e llo entreguen á citada asociación co fin de tomar datos dos mesmos para o estudio que está a realizar. Se non é posible entregar os niños, tamén se agradece comunicación dos mesmos co mesmo obxectivo: coñecer o número de ovos que había e a ubicación dos niños.

 

FONTE: ANABAM

0 comentarios