Blogia
vgomez

OTANTHUS MARÍTIMUS

OTANTHUS MARÍTIMUS

Fermoso exemplar de Otanthus maritimum na praia de Camposancos / Imaxe: ANABAM

Otanthus marítimus é o nome científico da carrasca de San Xoan ou algodonosa, unha planta pertencente á categoría de plantas de dunas e areais.

É unha planta perenne provista de numerosos talos subterráneos horizontais dos que xurden talos verticais de ata 50 cm de altura e cunha cor blanqueciña ao estar cubertos os seus talos e follas dun denso tomento aterciopelado. Talos ascendentes e leñosos na base. As follas son alternas, enteiras ou crenuladas, sésiles e cun limbo oblongo a oblongo-lanceolado de 5 a 17 mm. Flores hermafroditas, dispostas en capítulos globosos de 8 a 10 mm de ancho e rodeados de numerosas brácteas involucrais de 4-5 mm, as externas lanosas e as interiores glabras, pero co ápice lanoso. Corola tubular, amarela, de ata 4 mm de lonxitude e tubo de ata 2,5 mm. Cinco estames de anteras connadas que forman un tubo rodeando o estilo. O ovario é ínfero, unilocular e ten un só primordio seminal; estilo único con dous estigmas. O froito é un aquenio ovoide de ata 4 mm, curvado e glanduloso na base. Florece de xuño a setembro.

A asociación ANABAM iniciou no no 2001 na praia de Camposancos o PROXECTO OTANTHUS coa finalidade de recuperar esta planta. Tras varios intentos por recuperala, con plantación de milleiros de sementes, ducias de plantóns, etc., o resultado non chegaría ata que uns poucos exemplares dos que foron transplantados, procedentes das veciñas praias do outro lado do Miño, conseguiron sobrevivir. A partir do ano 2003, un ano despois de que algúns dos exemplares plantados continuasen na zona, as expectativas de recuperación da especie aumentaron considerablemente. Ese mesmo ano 2003 realizáronse as últimas plantacións desta especie.

O P.E.S. (Plan Especial de Seguemento) deste ano, que leva a cabo esta asociación, co censo  de Otanthus maritimus, deu como resultado a existencia de 19 pes, repartidos do seguinte xeito: 13 exemplares na praia do Puntal e 6 na do Forte. Isto supón un descenso do 27 % de exemplares con respecto ao último censo, efectuado no pasado mes de setembro, polo que nos acercamos á cifra crítica que había ata o ano 2001, que era duns 12 exemplares.

Lembremos que no ano 2009 había preto de medio cento, polo que en dous anos produciuse un notable descenso. As causas foron principalmente naturais, sobre todo debido ás enchentas do río que afectaron moi negativamente á superficie da praia de Campoancos.

Todos podemos colaborar: Dado no lugar que se atopan, na desembocadura do Miño, cando vaiamos á praia non os estraguemos, evitando pisotealos. 

FONTE: Anabam e Asrurnatura

0 comentarios