Facebook Twitter Google +1     Admin

ENORMES CANTIDADES DE AUGA NO UNIVERSO

20110725102915-agua-quasar.jpg

 

Dous equipos de astrónomos, ámbolos dous dirixidos por científicos do Instituto de Tecnoloxía de California (Caltech) acaban de descubrir a maior e máis afastada reserva de auga xamais atopada en todo o Universo. Está a uns 48.000 millóns de billóns de quilómetros de distancia, formando un gran anel de vapor arredor dun afastadísimo quásar (un dos obxectos máis brillantes e violentos do ceo). En total, a súa masa equivale polo menos a 140 billóns de veces a da suma de tódolos océanos terrestres e é unhas 100.000 veces superior á do propio Sol.

O quásar anfitrión de toda esa cantidade de vapor de agua está tan lonxe de nós que a súa luz tarda 12.000 millóns de anos en chegar á Terra. A que vemos agora partíu cara a nós cando o Universo tiña só 1.600 millóns de anos, menos dunha décima parte da súa idade actual.

Normalmente, un quásar obtén a súa enerxía dun gran buraco negro que se alimenta do disco de pó e gas circundante. A medida que traga materia, o cuasar libera enormes cantidades de enerxía. Os dous grupos de científicos elexiron para o seu estudo un quásar en concreto, o APM 08279+5255, no que no seu centro reposa un enorme buraco negro que é 20.000 millóns de veces máis masivo que o Sol e que produce máis enerxía que mil billóns de soles xuntos.

Os astrónomos, esperaban atopar vapor de auga no Universo pronto, da mesma forma que o atoparon xa na Via Láctea, a nosa galaxia, e en numerosas galaxias ás máis variadas distancias da nosa. O que non esperaban en absoluto é atopar dun só golpe unha cantidade tan masiva do líquido elemento. Se outros quasares se comportan de forma parecida, haberá que empezar a pensar que a auga é moito máis abundante "aí fóra" do que imaxinaramos.

As observacións do primeiro grupo comenzou a realizarse en 2008 utilizando un instrumento chamado Z-Spec no Observatorio Submilimétrico de Caltech (CSO), un telescopio de dez metros no cumio do Mauna Kea, en Hawaii.

O segundo grupo de científicos, utilizou para detectar a agua, en 2010, o Interferómetro de Plateau de Bure, nos Alpes franceses.

FONTE: ABC

28/07/2011 11:02. vgomez #. NOTICIAS DAS CIENCIAS

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.