Facebook Twitter Google +1     Admin

CHEGAN AS BÁGOAS DE SAN LOURENZO

20110810201415-perseidas-dos-644x362-1-3.jpg
Impresionante imaxe das Perseidas tomada en 2010 / M. Menefee / ABC

A famosa chuvia de estrelas de agosto, chamada Perseidas ou Bágoas de San Lourenzo, é, probablemente, a máis esperada do ano pola súa espectacularidade. A mellor noite para disfrutar do espectáculo será a do 12 ao 13 de agosto, a noite do vernes ao sábado, cando se produza o seu máximo pico: cen meteoros por hora.

Aínda que a súa actividade será alta, similar á de anos anteriores, aqueles que queiran contemplar este regalo caído do ceo atoparanse con inconvintes, xa que a lúa chea sairá o 13 de agosto, de modo que a luminosidade lunar entorpecerá a súa observación.

Para ter as mellores opcións, o máis recomendable é situarse nun lugar afastado do pobo, o máis escuro posible, sen que molesten as luces ou farolas, edificios altos ou árbores que impiden a visión limpa do ceo. O fenómeno obsérvase a simple vista, sen necesidade de instrumentos ópticos. A máxima actividade producirase a últimas horas da madrugada.

As bágoas (lágrimas) de San Lourenzo, denominadas así polo santo do día, son en realidade os restos do cometa Swift-Tuttle, cuxa órbita atravesa a Terra todolos anos a mediados do mes de agosto. O seu outro nome, o de Perseidas, provén da constelación de onde parecen caer, a de Perseo. Ao penetrar na atmosfera, as partículas de po deixadas polo cometa acéndense e consómense en poucos segundos, grazas a Deus, deixando a súa magnífica estela luminosa.

Un espectáculo!

FONTE: CIENCIA/ABC

12/08/2011 10:17. vgomez #. CURIOSIDADES

Comentarios > Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.