Blogia
vgomez

SEIS MOTIVOS PARA RECLICAR

SEIS MOTIVOS PARA RECLICAR

 

Partindo do concepto de desenvolvemento sostible como a utilización dos recursos de forma responsable (reducindo, reutilizando e reciclando) para garantir que as xeracións vindeiras poidan seguir dispoñendo deles, imos hoxe afondar na RECICLAXE, aportando seis motivos para levala a cabo:

1. Reduce a contaminación e o lixo en vertedoiros

Arroxados de forma incontrolada á natureza, os residuos, algúns deles perigosos, poden causar graves danos na flora e na fauna e contaminar ríos e acuíferos. Ademais de impedir que acaben deste seito, a reciclaxe evita que estes residuos acaben en vertedoiros, cada vez máis saturados. Os datos dalgúns dos tipos de reciclaxe máis habituais son elocuentes:

  • Reciclar 3.000 botellas de vidroo evita 1.000 quilos de lixo e reduce a contaminación do aire nun 20%.
  • Reciclar papel e cartón reduce nun 74% a contaminación do aire e nun 35% a da auga. Por cada 133 toneladas de papel recicladas afórrase en vertedoiro un espacio equivalente a unha piscina olímpica.

Os residuos orgánicos, separados de forma correcta, poden aproveitarse para compostaxe e evitar o uso de abonos industriais nitroxenados, cuxo uso intensivo resultou prexudicial para o medio ambiente.

2. Evita a extracción de novas materias primas

A necesidade de novas materias primas para crear productos disminúe ao reciclar os residuos:

  • Ao fundir vidro usado e darlle nova forma afórrase un 93% de materiais.
  • Por cada tonelada de papel reciclado sálvanse entre cinco e dezasete árbores e afórranse entre 21.000 e 50.000 litros de auga.
  • Dúas toneladas de plástico recicladas aforran unha tonelada de petróleo.
  • Unha tonelada de aluminio reciclado evita a extracción de catro toneladas de bauxita, o mineral do que se obtén este metal.

3. Aforra enerxía e loita contra o cambio climático

O proceso de extracción, elaboración e transporte de novas materias primas supón tamén o uso intensivo de enerxía, obtida na súa maior parte con combustibles fósiles. A reciclaxe emprega menos enerxía: cada botella de vidro reciclada evita consumir a electricidade que necesitaría unha bombilla de 100 vatios durante catro horas.

Ao reducir o consumo enerxético, a reciclaxe tamén contribúe a loitar contra o cambio climático. Un quilo de papel reciclado evita a emisión de 900 quilos de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases de efecto invernadoiro.

4. Posibilita a creación de novos productos

Os materiais provintes da reciclaxe pódense utilizar para novos productos. Os envases de plástico dan lugar a bolsas, fibras, mobiliario urbán ou materiais de construcción; o aluminio e o aceiro serven para novos envases e láminas; o papel e o cartón convítense en caixas, xornais, papel de embalaxe ou de escribir; e do vidro obtéñense novas botellas e obxectos.

Os materiais reciclados poden convertirse no mesmo envase do que provén, como o vidro, ou en productos moi distintos. As latas de refresco poden dar lugar a unha llanta de coche, os tetra bricks a unha caixa de zapatos e as botellas de plástico PET, a un forro polar.

5. Mantén postos de traballo "verdes"

O sistema da reciclaxe dá traballo a centos de persoas que se encargan do seu correcto tratamento. Ecovidrio e Ecoembes son as sociedades sen ánimo de lucro que en España xestionan o vidro e os envases lixerios (plástico, latas e bricks) usados, respectivamente.

6. Pode salvar vidas

Un 10% dos ingresos en urxencias hospitalarias débense a un mal uso dos medicamentos. Por esta situación, o sistema de reciclaxe dos mesmos tamén serve para concienciar aos cidadáns de que se deben cumplir ben os tratamentos e fuxir da automedicación.

Un xesto tan sinxelo como reciclar ten grandes ventaxas para o medio ambiente, a economía e a saúde.

FONTE: Revista Eroski Consumer

0 comentarios