Facebook Twitter Google +1     Admin

GJ1214b: O PLANETA DE AUGA

Publicado: 22/02/2012 11:45 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20120222114507-gj1214b.jpg

Ilustración do planeta de auga GJ1214b pasando por diante da súa estrela / NASA / ESA / D.AGUILAR

Un novo tipo de planeta súmase á lista dos coñecidos ata agora. Non é un corpo rochoso como a Terra, Marte, Venus ou Mercurio; tampouco é un xigante gasoso como Xúpiter ou Saturno, nin un xigante xeado como Urano e Neptuno. É un planeta na órbita dunha estrela situada a uns 40 anos luz de nós, sobre todo, de auga, cunha densa atmosfera de vapor. Con estas características non se parece nin sequera a outros tipos de planetas extrasolares coñecidos.

O planeta en cuestión, GJ1214b, foi descuberto por David Charbonneau (profesor de astronomía na Universidade de Harvard) e colegas, en 2009, na órbita dunha estrela anana vermella, moito máis pequena que o Sol, pero agora os astrónomos puideron observalo e analizalo co telescopio espacial Hubble e, a partir das súas características, deducir a súa composición e identificalo como un novo tipo de planeta descoñecido ata agora. O seu diámetro é 2,7 veces o terrestre e a súa masa unhas 6,5 veces a do noso planeta; cumpre unha órbita arredor do seu astro cada 38 horas a unha distancia duns dous millóns de quilómetros (a distancia media da Terra ao Sol é duns 150 millóns de quilómetros). “GJ1214b non se parece a ningún planeta que coñezamos, unha gran parte da súa masa é agua”, comenta o líder do equipo científico nun comunicado do Harvard Smithsonian Center for Astrophysics (EE UU).

A partir da masa e o tamaño do planeta, os investigadores poden calcular a súa densidade, que é 2g/cm3, fronte á terrestre, que é, como media, 5,5g/cm3. A densidade da auga, porén, é 1g/cm3, o que suxire que o planeta en cuestión ten moita máis auga que a Terra e moita menos rocha, cunha estrutura moi diferente.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

vgomez

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.