Facebook Twitter Google +1     Admin

A RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 1

Publicado: 12/04/2012 08:08 por vgomez en ZONA VERDE
20120409184532-sol-aves.jpg

A exposición á luz solar é necesaria e beneficiosa para todo ser humano e tamén pode empregarse para tratar algunhas enfermidades cutáneas. Sen embargo, a información científica dispoñible mostra que a exposición excesiva causa numerosos efectos nocivos para a saúde. Entender estes efectos perxudiciais e tomar as precaucións adecuadas permitiranos desfrutar do sol evitando os efectos nocivos da excesiva exposición á súas radiacións. A radiación ultravioleta pode causar danos cutáneos visibles (queimadura) e invisibles (aceleración do envellecemento cutáneo, etc.) así coma danos oculares. A protección solar débese manter toda a vida, comezando na infancia e sendo especialmente estricta nos primeiros 18 anos de vida, época na que recibimos do 50%-80% de toda a exposición solar da nosa vida, sendo fundamental a fotoprotección neste periodo para diminuir drasticamente a probabilidade de cancro cutáneo nos anos posteriores.

Todo o mundo, independentemente da súa raza ou etnia, é susceptible ós efectos nocivos da excesiva exposición ó sol. As persoas con pel escura teñen unha meirande protección natural contra a queimadura solar cás de pel crara pero son igualmente sensibles ós efectos nocivos da sobreexposición solar, incluíndo o cancro de pel.

A luz solar está formada por radiación electromagnética con diferentes longuras de onda, denominándose radiación ultravioleta (RUV) á comprendida entre 200 e 400 nm (RUV C, 200-290 nm; RUV B, 290-320 nm; RUV A, 320-400 nm).

imaxe radiacion

A maioría da RUV é bloqueada pola atmósfera, acadando a superficie terrestre cunha intensidade que depende de diversos factores:

  • A atmósfera: Bloquea a RUV C e a meirande parte da B pero non á A, sendo ésta a maioría da radiación UV que chega á superficie terrestre. A depleción da capa de ozono pode ocasionar un incremento do nivel de UV B que nos alcanza. As nubes espesas poden reduci-lo nivel de UV B nun 90% ou máis pero as nubes finas ou dispersas ofrecen pouca protección.
  • Hora do día: A meirande parte do total diario de enerxía solar alcada a superficie terrestre entre as ultimas horas da mañá e as primeiras da tarde (12 a.m. e 4 p.m.).
  • Estación do ano: O nivel de UV pode ser 10 veces maior no verán ca no inverno.
  • Altitude: O nivel de UV B aumenta coa altitude, sobre un 4% por cada 300 metros por enriba do nivel do mar. A 2000 metros o nivel de exposición pode ser un 20% maior có da costa.
  • Latitude: Meirande exposición canto máis baixa sexa a latitude (máis preto do ecuador).
  • Reflexión: Cando no ambiente que nos rodea existen materiais que reflexan a RUV, o nivel de exposición increméntase:
imaxe herba        imaxe deserto          imaxe neve
Nun 2,5-3% se é herba.                 Nun 20-30% se é area.                  Nun 80-90% se é neve ou xeo.

 

Ao redor do 95% da radiación UV penetra na auga, e o 50% faino ata unha profundidade de 3m.

FONTE:www.meteogalicia.es

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.