Facebook Twitter Google +1     Admin

RADIACIÓN ULTRAVIOLETA 3

Publicado: 19/04/2012 08:58 por vgomez en ZONA VERDE
20120416100645-sol-e-proteccion.jpg

Protección ante o Sol / Imaxe:es.dreamstime.com

O correcto emprego de productos fotoprotectores é importante en nenos maiores de 6 meses e en adultos, pero tomar outras medidas para evitar a excesiva exposición á luz solar tamén é moi importante. De feito, non hai evidencias firmes de que os filtros solares se protexan do melanoma e só hai evidencias limitadas de que o fagan doutras formas de cancro cutáneo.

A seguinte táboa amosa as medidas recomendadas en adultos segundo o tipo de pel e o índice UV existente.

Medidas de protección recomendadas en adultos

Índice UV Medidas
1 Baixo FPS 9, gafas de sol
2
3
4 Moderado FPS 15 ou maior, sombreiro, gafas de sol
5
6
7 Alto FPS 30 ou maior, sombreiro, roupa protectora e gafas de sol
8
9
10 Extremo FPS 40 ou maior, sombreiro, roupa, gafas de sol e evitar exporse ó sol de 12 am a 4 pm
11
12

Medidas de protección recomendadas en nenos

Aínda que moitos dos peores efectos debidos á excesiva exposición ao sol non aparecen na xuventude, a investigación medica mostra que a meirande parte da radiación UV que nos alcanza ao longo de toda a vida (ata o 80%) ocorre nos primeiros 18 anos e que as queimaduras solares intensas na infancia aumenta significativamente o risco de desenvolver cancro cutáneo na idade adulta.

Os nenos menores de 6 meses no se deben expoñer directamente ao sol. A protección debe ser roupa e sombra, sen lles aplicar ningún producto fotoprotector, pois a pel a esa idade non é o suficientemente madura para afrontar as substancias que se pudieran absorber. Se a exposición é inevitable pódese empregar unha substancia fotoprotectora en pequenas áreas corporais que non poidan ser cubertas por roupa, coma a cara e o dorso das mans.

Resumo das medidas básicas de fotoprotección

  • Non expoña directamente ao sol a nenos menores de 6 meses nin aplique productos fotoprotectores sobre a súa pel.
  • Empregue un producto fotoprotector con FPS (nivel teórico de bloqueo da UV B) de a lo menos 15 e de amplo espectro (que tamén bloquee a UV A). Aplíqueo en todas as áreas que se van expoñer ó sol, incluíndo beizos, aínda en días nubosos, e reaplíqueo sempre cada 2 horas se non se baña, ou máis frecuentemente se suda moito, despois de bañarse se o producto non é resistente á auga e tamén se permaneceu na auga máis de 20 minutos.
  • Empregue gafas de sol que bloqueen o 99-100% da radiación UV B e da A, un sombreiro ou gorra de á ancha que dea sombra á súa cara e colo, roupa protectora, e permanezan á sombra sempre que poidan.
  • Evite a exposición directa ó sol entre 12 a.m. e 4 p.m., horas de máxima irradiación.
  • Non empreguen lampadas solares e demáis aparatos bronceadores.
  • Recorde que estas medidas son para evitar a sobreexposición cando por deporte, esparcimento ou traballo se expoña ó sol. Non son medidas para obter un "bronceado seguro" pois o broceado é xa, por definición, un sinal de dano solar. Non existe "bronceado seguro".

FONTE:meteogalicia.es

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.