Facebook Twitter Google +1     Admin

TRISTEZA

Publicado: 03/05/2012 08:59 por vgomez en FRASES
20120501174145-tristeza.jpg

A tristeza dun neno / Imaxe:gaudium.org.mx

A tristeza é un sentimento, unha das moitas emocións humanas normais, ou estados de ánimo que temos todos. A tristeza é a emoción que sentimos cando perdemos algo importante, cando temos unha decepción ou cando ocorre algunha desgraza que nos afecta persoalmente ou a outra persoa. Cando nos sentimos sós, a miúdo estamos tristes. No caso dos galegos, e penso que tamén outros pobos do mundo, cando temos nostalxía da terra natal esa tristeza convírtese en morriña.

Hoxe imos reflexionar sobre este tema mediante as seguintes FRASES:

A primeira é de François Marie Arouet, máis coñecido como Voltaire (1694–1778) escritor, historiador, filósofo e avogado francés:

"A tristeza é unha enfermidade na que cada paciente debe tratarse a si mesmo"

A segunda é de Jean Jacques Rousseau (1712-1778) escritor, filósofo e músico franco-helvético:

"A alma resiste moito mellor as dores agudos que a tristeza prolongada"

A terceira é de Armando Palacio Valdés (1853-1938) escritor e crítico literario español:

"O máis triste é a tristeza dunha persoa alegre" 

A cuarta é de Albert Camus (1913-1960) novelista, dramaturgo e filósofo francés:

"Os tristes teñen dous motivos para estalo"

E para rematar un proverbio chino:

"Non podes evitar que o paxaro da tristeza voe sobre a túa cabeza, pero si podes evitar que aniñe na túa cabeleira"


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.