Facebook Twitter Google +1     Admin

IMAXE DA TERRA

Publicado: 20/05/2012 00:15 por vgomez en ZONA VERDE
20120519101914-tierra.jpg

"A imaxe definitiva da Terra" / Imaxe:elsilenciero.com

Esta imaxe foi tomada a uns 36.000 quilómetros da Terra e cos seus 121 megapíxeles cautivou a todos pola súa beleza e nitidez. A cámara do satélite ruso Elektro-L (lanzado dende o cosmódromo de Baikonur en xaneiro do pasado ano para facer pronósticos do tempo a nivel rexional e global, analizar o estado dos océanos, así como a ionosfera e o campo magnético da Terra) ten unha resolución dun quilómetro por píxel para o espectro visible e de catro quilómetros para o espectro infravermello.

Medios de todo o mundo bautizarona como "a imaxe definitiva da Terra". A panorámica amosa o contraste entre o solo e o mar, mesturada coa nubosidade da atmosfera que fai inconfundibles estas paisaxes. A fotografía combina catro tipos de onda de luz e nas fotos aparece a Terra cunhas tonalidades laranxas que representan a vexetación, que quedan definidas así polo efecto infravermello.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.