Facebook Twitter Google +1     Admin

FOTOSÍNTESE ARTIFICIAL

Publicado: 24/05/2012 09:04 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS

 

Investigadores do Grupo de Dispositivos Fotovoltaicos e Optoelectrónicos da Universitat Jaume I de Castellón, desenvolveron (facendo uso da nanotecnoloxía), un dispositivo con materiais semiconductores que, en medio acuoso, xera hidróxeno de forma autónoma, empregando únicamente luz solar.

Así o difundiron fontes da institución académica, quen explicaron que esta tecnoloxía, que recibe o nome de fotosíntese artificial, está inspirada na fotosíntese que se produce na natureza (proceso no que as plantas aproveitan a enerxía solar para transformar a materia inorgánica en compostos orgánicos, liberando a enerxía química almacenada nos enlaces da molécula adenosina trifosfato-ATP, e obtendo compostos enerxéticos como azúcres e carbohidratos).

A produción de hidróxeno de forma eficiente empregando materiais semiconductores e luz solar constitúe "un reto crucial para facer realidade un cambio de modelo enerxético ata unha tecnoloxía de conversión sostible, basado en recursos inesgotables e respetuoso co medio ambiente", indican as mesmas fontes.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.