Blogia
vgomez

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día mundial do Medio Ambiente celébrase cada 5 de xuño desde 1972. Este día foi establecido pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972, coa que se iniciou a Conferencia de Estocolmo co Medio Humano coma tema principal. Ese mesmo día, a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

UN POUCO DE HISTORIA:

Poderíase dicir co Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo polo que a Organización de Nacións Unidas sensibiliza a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

O Día mundial do Medio Ambiente é un evento no que se realizan múltiples actividades: concentracións en rúas, concertos ecolóxicos, ensaios e competencias en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclaxe e de limpeza, entre outras. En moitos países esta celebración é unha oportunidade de asinar ou ratificar convenios internacionais e, algunhas veces, establecer estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e a planificación económica.

Neste 2012 o lema é "Economía verde: Estás ti incluído?"

Pero que é a economía verde?  É un novo modelo económico que se está a desenvolver en contra do modelo actual de economía “negra” basado en carburantes fósiles como o carbón, o petróleo e o gas natural. O modelo de economía verde básase no coñecemento das disciplinas de economía ecolóxica e economía verde, que se ocupan da interdependencia das economías humanas e os ecosistemas naturais e o impacto adverso das actividades económicas no cambio climático e o quentamento global.

Hai un tema musical adicado a este día que podes escoitar premendo AQUÍ.

Participa neste día. O futuro do noso planeta está nas nosas mans!

0 comentarios