Facebook Twitter Google +1     Admin
20120613185235-uroptychus-cartesi.jpg
Ilustración do Uroptychus cartesi, atopado a máis de 1.400 metros de profundidade / SINC

Durante unha das expedicións da campaña de investigación INDEMARES que estuda o Banco de Galicia, un equipo de científicos capturou en agosto de 2011 unha nova especie de cangrexo de non máis de sete centímetros -incluíndo as patas- nas profundidades mariñas menos estudadas, a 1.410 metros.

Segundo o estudo, publicado recentemente pola revista "Zootaxa", o "Uroptychus cartesi" (chamado así na honra do investigador Joan Cartes do Instituto de Ciencias do Mar de Barcelona) pertence a unha familia pouco diversa no océano Atlántico (Chirostylidae), das que só catro especies habitan a zona europea -tres delas  describíronse a finais do século XIX e a cuarta en 1976- e 14 na zona americana, a diferencia do Indo-Pacífico onde hai máis de 100.

A pesar da súa localización fronte ás costas galegas, este crustáceo é único na parte máis oriental do Atlántico debido á maioría dos seus rasgos morfolóxicos: diferénciase das especies europeas sobre todo pola forma e o número de espiñas do seu caparazón. Porén, aseméllase máis a unha especie do Mar Caribe: Uroptychus armatus.

O "Uroptychus cartesi" é un pequeno cangrexo, de cor alaranxado, vive asociado a gorgonias e corais profundos e aparece abundantemente e montañas e canóns submarinos onde houbo pouca explotación pesqueira.

Os seis exemplares capturados foron depositados no Instituto de Ciencias do Mar en Barcelona e no Museo Nacional de Historia Natural de París (Francia).

FONTE:Xornal El Mundo/Ciencia

 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next