Blogia
vgomez

O DIÉSEL E O CANCRO

O DIÉSEL E O CANCRO

Viñeta de Ramón, no xornal El País (14/06/2012)

A Organización Mundial da Saúde (OMS) oficializou por fin algo que os estudos científicos levan algúns anos demostrando: que o fumo que xeran os motores diésel causa cancro de pulmón. A Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC), o grupo da OMS encargado de determinar que sustancias son canceríxenas, subíu de categoría ao diésel. En 1988 considerouno “posible carcinóxeno”. Agora, case un cuarto de século despois, recopilou as pruobas científicas necesarias para borrar a dúbida: o produto dos motores de gasóleo é carcinóxeno para os humanos. A declaración da OMS, coñecida o pasado martes, pon agora a pelota da protección da saúde dos ciudadáns no tellado das Administracións. Que van facer para evitar a exposición ao diésel?

Témolo crudo. En primeiro lugar pola dependencia, a maior parte dos vehículos (coches e camións) empregan este combustible, aínda que as novas xeracións de motores non soltan tantas partículas. En segundo lugar, coa que está caendo, non penso que se metan con este tema e nós como consumidores non estamos para cambiar de xeito inmediato de coche (gasolina, híbrido, electrico ou diesel de nova xeración). Finalmente, supoño que para chegar a esa situación fatal teriamos que estar expostos moito tempo e en capitais ou lugares de grande concentración.

De calquera xeito merece unha reflexión por parte de todos. Xa non vale a frase dun compañeiro que sempre dí: Dalgunha cousa hai que morrer!

0 comentarios