Facebook Twitter Google +1     Admin
20120625191444-calendario.jpeg

 

O pasado venres, día 22 de xuño, o DOGA publicou a ORDE, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 13 de xuño de 2012 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2012/2013 nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Aspectos relevantes:

-O curso académico abranguerá desde o día 1 de setembro de 2012 ata o 31 de agosto de 2013.

-Nos primeiros días do mes de setembro e ata o día 6 como máximo realizaranse as probas correspondentes á convocatoria extraordinaria do curso 2011-2012 para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

-Na educación secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional, a impartición efectiva de clases realizarase do día 17 de setembro de 2012 ao 21 de xuño de 2013, ambos os dous inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

-Períodos de vacacións:

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2012 ata o día 7 de xaneiro de 2013, ambos os dous inclusive.

2. Semana Santa: desde o día 25 de marzo ata o 1 de abril de 2013, ambos os dous inclusive.

3. Entroido: días 11, 12 e 13 de febreiro de 2013

-Días non lectivos

1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro), e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.

2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales se refire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, os consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que deberán preverse na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica.

3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificar a realización dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2012-2013 se celebrará o 2 de novembro de 2012.

-Sesións de avaliación.

 As sesións de avaliación final do alumnado da ESO, do primeiro curso de bacharelato, do primeiro curso dos programas de cualificación profesional inicial, do primeiro curso dos ciclos formativos de formación profesional no réxime ordinario e dos ciclos formativos no réxime de persoas adultas, deberán realizarse a partir do día 21 de xuño de 2013.

Para un completo coñecemento da ORDE que regula o curso escolar do próximo curso só te que premer AQUÍ.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next