Facebook Twitter Google +1     Admin

DEPURADORAS VEXETAIS

Publicado: 11/07/2012 08:15 por vgomez en ZONA VERDE
20120708115027-depuradora-vexetal-senorio-de-senorans-abc.jpg

No Pazo de Señoráns (Pontevedra) vese unha depuradora vexetal, en primeiro plano, ao lado dos viñedos / ABC

Nos últimos anos e debido ao fenómeno do cambio climático, estase a fomentar o aforro de enerxía e os sistemas eficientes e respectuosos co medio ambiente. Un aforro e unha eficiencia que se pode lograr tamén á hora de depurar as augus residuais.

Se ben estamos afeitos a grandes infraestructuras, plantas depuradoras que consomen grandes cantidades de enerxía para conseguir que a auga contaminada volva ao seu cauce natural sen restos perigosos, uns investigadores, dun grupo de investigación do Departamento de Química Ambiental da Universidade da Coruña, conseguiron deseñar e comercializar un sistema que perfectamente se pode destinar ás comunidades de propietarios, pequenas empresas, ou incluso fincas de particulares.

Despois de 10 anos investigando sobre os humedais e a súa aplicación na depuración de augas xurdíulles a idea dunha spin-off e comenzaron a formar parte do viveiro de empresas da Universidade. Así é como naceu Sedaqua, unha empresa adicada á planificación, asesoramento, montaxe e mantemento deste tipo de depuradoras vexetais.

A idea é utilizar a propia vexetación para depurar as augas residuais. O procedemento é construír humedais con lagoas ou canles pouco profundos (de menos de 1 metro) plantados con vexetais propios das zonas húmidas. Deste xeito, unha planta de tratamento de augas residuais convírtese nunha parcela de xunqueiras e carrizas. Pódense utilizar outro tipo de plantas, pero teñen que ser acuáticas e que resistan en terreos moi húmidos, por exemplo, lirios ou espadanas, en función do adorno que se queira poñer.

Os procesos de descontaminación teñen lugar mediante a circulación da auga e as súas interaccións co substrato sólido, os microorganismos, a vexetación e incluso a fauna.

A inversión inicial que se necesita pode chegar a ser inferior ao 50% en comparación con outros tratamentos que actualmente estanse instalando nas empresas. O mantemento é moi escaso, reducíndose a comprobacións periódicas das tubaxes e arquetas. As partes finais, con auga xa depurada, poden ter auga en superficie, para mellora paisaxística e ecolóxica. A lámina de auga está sumerxida, co que se evita a xeración de olores e a proliferación de insectos. Este nulo impacto visual pode chegar a convertir esta instalación incluso nun atractivo turístico.

FONTE: Xornal ABC/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.