Facebook Twitter Google +1     Admin
20120712083423-nasa-644x362.jpg

Imaxes obtidas do telescopio Hubble onde se ve Plutón e as súas cinco lúas / NASA

O mítico telescopio espacial Hubble fixo posible outro grande descubrimento astronómico: unha nova lúa que orbita Plutón, P5, a quinta detectada na contorna deste ex planeta, que en 2006 foi rebaixado á categoría de "planeta anano".

Segundo informa a NASA, a nova lúa ten unha forma irregular e unha extensión de entre 10 e 25 quilómetros dende un extremo a outro. Nas imaxes enviadas polo Hubble, a lúa vese como unha pequena mota branca, e os astrónomos calculan que realiza unha órbita ao rededor de Plutón cun diámetro de 95.000 quilómetros, no mesmo plano que os outros satélites do planeta anano.

Caronte (Charon, en inglés) é a lúa máis grande de Plutón, descuberta en 1978. As observacións del Hubble desvelaron en 2006 a existencia doutras dúas pequenas lúas, Nix e Hydra, e outro satélite, coñecido como P4, tamén foi detectado polo telescopio espacial en 2011. A quinta, agora descuberta, denominada de momento como P5 ou S/2012 (124340) 1, foi detectada por una das cámaras do Hubble en múltiples imaxes obtidas nas últimas semanas, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo.

Aos investigadores da axencia espacial non entenden como un astro tan pequeno como Plutón teña un sistema tan complexo de satélites. O descubrimento de P5 proporciona novas claves para comprender como se formou e evolucionou o planeta anano e as súas lúas. A teoría con máis peso entre os expertos é que as lúas de Plutón son os restos dunha colisión entre o planeta e outro obxecto do   Cinto de Kuiper, nos confíns do Sistema Solar, hai miles de millóns de anos.

 

 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.