
Eliodomestico / Imaxe:gabrielediamanti.com
En moitas ocasións, as ideas máis simples son as máis efectivas á hora de resolver os problemas máis complexos. Esta é a premisa seguida polo deseñador italiano Gabriele Diamanti para crear un purificador de auga salgada capaz de funcionar tan só con enerxía solar.
Grazas a esta sinxela idea, os habitantes de moitas zonas nas que a auga potable escasea poderían acceder de forma cómoda e barata a este ben tan esencial. Diamanti asegura que os proxectos non só son para facer cartos, senon tamén para contribuír ao ben común.
FONTE: Ecoosfera.com