Facebook Twitter Google +1     Admin
20121007082650-1349454294-0.jpg

Parecido entre os labios do verme e as orellas de Yoda / EM

Un personaxe de "A Guerra das Galaxias" habita no fondo dos océanos. Unha nova especie de verme descuberta nas profundidades do Atlántico foi bautizada "Yoda purpurata " polo seu parecido co mestre jedi da famosa saga cinematográfica dirixida por George Lucas. Os científicos decidiron homenaxear deste xeito a Yoda, debido á rechamante similitude entre os longos labios do animal e as orellas do mítico personaxe.

O verme, de cor avermellada púrpura, foi descuberto durante unha expedición no Atlántico entre Islandia e as Azores  xunto con outras dúas especies nun ecosistema a 2,8 quilómetros de profundidade. O animal é descrito no último número da revista Invertebrate Biology.

Máis alá do seu curioso nome, o animal é un ben prezado para os investigadores: "Non é exactamente un elo perdido pero si dá unha boa idea sobre a evolución temperá dos vertebrados".

O descubrimento deste verme é o último caso dentro dunha longa lista de especies bautizadas con nomes de famosos cantantes, políticos ou científicos. Así o verme Yoda únese á
mosca Beyoncé , ao peixe parasito Bob Marley  ou a un trío de escaravellos bautizados como George Bush, Dick Cheney e Donald Rumsfeld.

 

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.