Blogia
vgomez

AS "ARAÑAS" DE MARTE

AS "ARAÑAS" DE MARTE

 

Arañas en Marte? Non, non nos fererimos a ese grupo de animais atrópodos, senón a unhas xigantescas canles con forma radial existentes no polo sur marciano.

A Mars Reconnaissance Orbiter (MRO), a sonda da NASA que chegou ao Planeta vermello hai seis anos, captou coa súa cámara de alta resolución HiRISE unha paisaxe diferente a calquera lugar da Terra. Chámaselles "arañas de Marte" ou, máis formalmente «araneiform terrain», e aparecen en filas e en moitos tamaños.

Os científicos cren que as arañas formanse pola erosión na primavera marciana. Durante o inverno, unha cuberta estacional composta de xeo seco cobre a rexión polar. Ao chegar a primavera, o gas que sae de debaixo do xeo erosiona as canles na superficie. A medida que o gas escapa á atmosfera deposita o material que transporta, formando as manchas escuras que vemos na imaxe. O resultado final é unha paisaxe única e inquietante que parece habitada por unhas xigantescas arañas extraterrestres.

Aclarado o misterio!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

0 comentarios