Facebook Twitter Google +1     Admin
20121126104428-reciclaxe.jpg

Reciclar / Imaxe:ecoloviaverde.com

Rematamos hoxe co terceiro, e último, artigo adicado a como facer ben os tres erres do consumidor ecolóxico: RECECICLAR

Tras consumir de forma sostible os produtos e darlles a maior vida útil posible, é a quenda de aproveitar os seus materiais para volver facer outros produtos. Os beneficios para o medio de reciclar son tan considerables que o esforzo paga a pena. Para iso, hai diversos colectores que hai que coñecer. No amarelo os envases de plástico e metal, no azul o papel e cartón, e no verde o vidro (non confundir co verde escuro de materia orgánica e outros). Para evitar erros na reciclaxe convén saber os diferentes tipos de residuos e onde se deben reciclar. Ademais dos tres colectores máis típicos, hai tamén outros para pilas, lámpadas ou o aceite usado.

Pola súa banda, a compostaxe é un tipo de reciclaxe que aproveita a materia orgánica dos residuos para enriquecer plantas e colleitas ou loitar contra a contaminación. Os consumidores poden usar as súas propias compostadoras no fogar, ou compostar grazas aos colectores públicos que algunhas cidades situaron xunto ao resto de colectores "clásicos".

En canto aos residuos urbanos perigosos ou de gran volume (pequenos electrodomésticos, roupa, aceite, teléfonos e ordenadores, baterías, etc.), non deben abandonarse na rúa e moito menos en plena natureza. Para iso están os puntos limpos, unhas instalacións nas que os seus responsables se encargan de reciclalos de forma axeitada.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next