Blogia
vgomez

MAKEMAKE, ESE PLANETA ANANO DESCOÑECIDO

MAKEMAKE, ESE PLANETA ANANO DESCOÑECIDO

Makemake / Imaxe:arstechnica.com

Foi descuberto en 2005 aínda que ata agora os astrónomos non puideran determinar as súas características con precisión. Trátase de  Makemake , un dos cinco planetas ananos recoñecidos pola Unión Astronómica Internacional (xunto a Ceres, Plutón, Haumea e Eris). Un mundo xélido, sen lúas, cunha atmosfera diferente á de Plutón e un tamaño que equivale a dous terzos deste. A descrición deste obxecto do Sistema Solar publicouse na semana pasada na revista "Nature". 

Un equipo de científicos, liderados polo astrónomo español
José Luis Ortiz Moreno, logrou determinar con precisión o seu tamaño, a forma e o albedo (é dicir, a fracción de luz reflectida) grazas á utilización dunha rede de 16 telescopios, entre os que se encontraban tres do Observatorio Europeo Austral (ESO) de Chile.

Makemake está lonxe da Terra. "Na actualidade atópase a unhas 53 Unidades Astronómicas de distancia, ou sexa, a unhas 53 veces a distancia da Terra ao Sol, o cal é moito".

Un dos aspectos máis destacados deste estudo é o que descubriron sobre a súa atmosfera: "Makemake non ten unha atmosfera global como a de Plutón neste momento, pero estamos case convencidos de que cando se achega máis ao Sol na súa órbita (que é moi elíptica), pode ser capaz de xerar unha atmosfera global do estilo da de Plutón, posto que ao estar máis preto do Sol a súa temperatura é máis alta e os xeos que cobren a súa superficie a esa temperatura liberan moito gas, que pensamos daría lugar a unha atmosfera global. Na actualidade Makemake encóntrase case no punto máis afastado da súa órbita arredor do Sol e pensamos que a súa atmosfera está practicamente colapsada ou condensada na superficie. Estes xeos frescos recén depositados fan que a súa superficie sexa tan tan reflectiva (reflicte o 77% da luz solar que lle incide, segundo puidemos determinar no noso traballo) ".

FONTE: Xornal abc/Ciencia

0 comentarios