Facebook Twitter Google +1     Admin

TUTATIS ACHÉGASE Á TERRA

Publicado: 11/12/2012 12:21 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20121211114529-tutatis.jpg

Imaxe de Tutatis / JPL

Tutatis (Toutatis), un asteroide moi ben coñecido polos astrónomos, achegarase á Terra mañá, mércores 12 de decembro. A impresionante rocha, do tamaño dunha montaña e duns 5 km de diámetro (en comparación, o asteoide que destruíu aos dinosauros medía 10 km), non supón ningún perigo, xa que na súa máxima aproximación, que sucederá minutos antes das oito da mañá, situarase a 6,9 millóns de quilómetros do noso planeta (18 distancias lunares), unha distancia que pode deixarnos tranquilos.

Non é a primeira vez que pasa a saudarnos. En realidade, faino cada catro anos por estas datas e noutras visitas aproximóusenos moito máis. Por exemplo, en 2004 tivémolo a tan só 1,55 millóns de quilómetros, cando mesmo puido verse con pequenos telescopios, algo tan extraordinario que non se repetirá ata 2652.

4179 Tutatis, nome do deus galo da guerra e os pobos, foi descuberto por Christian Pollas en Caussols (Francia) en xaneiro de 1989. Pola súa proximidade, foi cualificado como un «obxecto próximo á Terra»
(NEO, Near Earth Object), cunha traxectoria orbital «excéntrica», que o leva ata o cinto de asteroides, entre as órbitas de Marte e xúpiter, no seu máximo afastamento do Sol e preto da órbita terrestre durante o seu perihelio, cando está máis preto do Astro rei.

Desta vez non é a findo mundo!

FONTE: Xornal abc/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next