Facebook Twitter Google +1     Admin

MOZOS INVESTIGADORES

Publicado: 28/04/2013 11:35 por vgomez en OPINIÓN E COMENTARIO
20130428113444-investigacion.jpg

Investigación e desenvolvemento (I+D) / Imaxe:hl-labs.com 

Reproduzo unha carta (traducida ao galego) de Luis Ibáñez Garzaran, publicado hoxe no xornal El País, en Cartas ao Director polo seu interese, no que incide na situación da investigación no noso país e os mozo investigadores:

Celébrase o 60º aniversario do descubrimento da dobre hélice do ADN e, aínda que un o soubese, volve chamar a atención que Watson tiña 25 anos, os mesmos que Einstein cando deu coa teoría da relatividade; ou aos que Newton xa encontrara gran parte dos seus achados, ou aos que Welles fixo Cidadán Kane.

Aos 25 anos, un investigador español, independentemente do bo que sexa, no mellor dos casos e seguindo os requisitos da regulación ao pé da letra pode esperar un futuro duns 10 anos de mileurismo en suposta formación investigadora, disfrazada con distintas etiquetas institucionais de suposta ascensión a unha madureza cada vez máis tardía, na que moitos pode que teñan que cambiar de carreira.

Os watsons ou einsteins son excepcionais, pero un mercado laboral que, salvo no deporte, non dá visibilidade nin recoñece a inmensa cantidade de mozos dispostos a dar o mellor de si mesmos, é un mercado laboral enfermo.


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.