Facebook Twitter Google +1     Admin
20130905101334-20130904090055-20130625174708-matricula.jpg

 

Despois de coñecidos os resultados da convocatoria de setembro, toca matricularse para o próximo curso 2013/2014, ao alumnado que non o fixo en xuño. Este é o calendatio:

3º ESO: luns, 9 de setembro.

1º e 2º ESO: martes, 10 de setembro.

1º PCPI: ata o mércores, día 11 de setembro.

Documentación a presentar:

1º/2º ESO: Impreso de matrícula, impreso aulas bilingües (interesados), 2 fotos (co nome e apelidos polo reverso), fotocopia DNI (en caso de non telo: fotocopia do libro de familia) e impreso transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso das fotos)

3º ESO: Impreso de matrícula, impreso aulas bilingües (interesados), recibo abono do seguro escolar (1,12€) no Banco Pastor na conta do Centro no que se fará constar o nome, apelidos e o curso no que se matricula, 2 fotos (co nome e apelidos polo reverso), 2 fotocopias DNI, impreso transporte subvencionado con 2 fotos (co nome e apelidos no reverso das fotos) e impreso (TA-1) de solicitude de asignación do número á Seguridade Social (N.U.S.S.)

O horario de Secretaría é de 9 a 13 horas.

Para o resto de cursos, a información tela premendo AQUÍ.

FONTE:IES A Sangriña


Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.