Facebook Twitter Google +1     Admin
20131006193242-oxigeno-aire.gif

Composición do aire atmosférico / Imaxe:textoscientificos.com 

A data do primeiro sopro de osíxeno na Terra podería ter tido lugar entre 300 e 400 millóns de anos antes do que os científicos crían ata agora. Segundo se deduce das análises levadas a cabo con antigos sedimentos, os primeiros indicios da existencia de osíxeno na atmosfera terrícola retrocederían no tempo ata a data final de 3.000 millóns de anos.

Estes novos datos sitúan a presenza do osíxeno no noso planeta máis de 600 millóns de anos antes da Grande Oxidación, cando os niveis de osíxeno atmosférico eleváronse espectacularmente. Nos últimos seis anos, varios estudos xeolóxicos dataron a presenza de osíxeno nun arco de tempo de entre 2.600 e 2.700 millóns de anos. Os científicos cren que algúns microorganismos fotosintéticos como as cianobacterias foron as produtoras do osíxeno. Polo tanto, conseguir datar as primeiras mostras de osíxeno atmosférico ten implicacións tamén sobre como evolucionou a vida fotosintética no planeta.

Os científicos conseguiron facer os seus descubrimentos traballando con rochas dunha antigüidade de 3.000 millóns de anos, extraidas dunha profundidade de 1.000 metros baixo terra en Suráfrica. Esperaban, cando iniciaron o traballo, que os sedimentos revelasen a existencia dunha Terra carente de osíxeno. Pero en lugar diso, o equipo topouse coa evidencia máis antiga nunca encontrada da presenza de moléculas de osíxeno no noso planeta.

Os investigadores utilizaron unha técnica de alta sensibilidade para comparar formas estables do cromo (o cromo-52 e o cromo-53) coa que descubrir se nas rochas había signos de exposición ao osíxeno. Hoxe en día, o cromo-52 é máis abundante nos sedimentos da terra que o cromo 53, porque o osíxeno atmosférico oxida máis doadamente o cromo-53 ou as súas bandas de electróns. Cando se oxida, o cromo-53 disólvese en auga, polo que os ríos o arrastran ata o mar.

O traballo publicouse na
revista Nature  baixo o título "Atmospheric oxygenation three billion years ago".

FONTE: Xornal abc/ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.