Blogia
vgomez

A EVOLUCIÓN DE MARTE NUN MINUTO

 

A NASA publicou en YouTube unha animación en 3D na que se recrea o panorama marciano hai 4.000 millóns de anos.

Os científicos cren que o planeta vermello puido ter unha densa atmosfera rica en osíxeno e auga. A recreación comeza cun paseo aéreo por un lago que puido estar en Marte hai millóns de anos. Un Marte moi diferente ao de agora e máis similar á Terra. A continuación nubes en movemento marcan o paso do tempo, e o cambio climático do planeta veciño. Do cálido e húmido ao frío e seco. Os lagos vanse secando, mentres se produce a transición dos ceos azuis aos ceos vermellos que hoxe cobren Marte.

O pasado mes de setembro o
robot Curiosity  detectou unha alta porcentaxe de auga no chan. Arredor do 2% da súa superficie está composto de auga, o que supón unha gran fonte. 

FONTE: ComercioTV e xornal El Mundo/Ciencia

0 comentarios