Facebook Twitter Google +1     Admin

A CONTAMINACIÓN MATA SILENCIOSAMENTE

Publicado: 12/12/2013 08:11 por vgomez en ZONA VERDE
20131210085107-1386605510-671868-1386610378-noticia-normal.jpg

Barcelona reactivou o protocolo por contaminación / Imaxe:Carles Ribas

Os científicos téñeno cada vez máis claro: non hai umbrais seguros cando se fala de contaminación. É dicir, por baixa que sexa a concentración dun contaminante, sempre hai risco para a saúde. Un estudo publicado recentemente en The Lancet: por cada incremento de cinco microgramos por metro cúbico na exposición anual ás chamadas partículas finas (PM 2,5), o risco de morrer por causas naturais aumenta un 7%. E sucede así mesmo cando os niveis están por debaixo dos límites legais que marca a Unión Europea, destacan os autores do traballo.

As partículas finas son o contaminante que máis preocupa actualmente aos expertos. Son perigosas porque, debido ao seu pequeno tamaño, penetran doadamente nas vías respiratorias e provocan a inflamación dos tecidos. Proceden en boa medida dos vehículos con motores diesel. A lexislación europea fixou un límite máximo de concentración de PM2,5: 25 microgramos por metro cúbico de media anual. Non obstante, cada vez máis expertos en saúde e calidade do aire cuestiónano por ser excesivamente permisivo. De feito, a Organización Mundial da Saúde (OMS) considera que hai afectación para a saúde a partir de 10 microgramos por metro cúbico de media anual.

O estudo de The Lancet recompilou datos de 22 grupos de estudo de 13 países europeos. En total, 367.251 persoas ás que se fixo seguimento durante unha media de 13,9 anos. Deles, 29.076 morreron durante ese tempo por causas naturais. Os investigadores , localizaron os seus lugares de residencia e recompilaron datos de concentración de contaminantes como as PM2,5 e o dióxido de nitróxeno. Ademais, estudaron a intensidade do tráfico nesas zonas (vehículos por día na estrada máis próxima e tráfico total en 100 metros á redonda) e axustaron outros factores de risco como a alimentación, o sedentarismo ou a hipertensión dos participantes.

Precisamente a Unión Europea declarou 2013 Ano do aire e está en plena discusión sobre se debe aumentar a esixencia aos Estados membros en materia de contaminación atmosférica. Non deixan de aparecer estudos que relacionan, sen sombra de dúbida, a polución con distintas afeccións. A OMS clasificou oficialmente a contaminación como carcinóxeno (que causa cancro) en outubro pasado: atribúelle 223.000 tumores de pulmón mortais en 2010.

Un grupo español do Instituto de Saúde Carlos III tamén estudou o efecto das partículas 2,5 na saúde, pero a curto prazo, en concreto, nas hospitalizacións. Segundo os seus traballos, as PM2,5 resultaron ser o único contaminante primario "estatisticamente significativo en todos os modelos", é dicir, o que sempre se asociaba a problemas de saúde. O estudo comprobou que cada incremento de 10 microgramos por metro cúbico de contaminación supoñía un 3,8% máis de ingresos hospitalarios.

FONTE: Xornal El País/Medio Ambiente

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next