Facebook Twitter Google +1     Admin

GEYSERS NA LÚA EUROPA

Publicado: 19/12/2013 08:15 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20131213084226-13868631828276.jpg

Recreación artística dun chorro de vapor de auga na superficie xeada de Europa, co Sol ao fondo / K. RETHERFORD, SOUTHWEST RESEARCH INSTITUTE

Chámase Europa e é a máis pequena das catro principais lúas do planeta Xúpiter. Un mundo misterioso e xeado que conta cun océano subterráneo que intriga aos científicos e do que, segundo detectaron agora, parecen emerxer enormes chorros de vapor de auga. Así o asegura un equipo de investigadores tras analizar as imaxes obtidas polo telescopio espacial Hubble en novembro e decembro de 2012 e comparalas con outras máis antigas captadas en 1999.

Segundo detallan na súa investigación, publicada esta semana na revista Science, se se confirma que se trata de geysers significaría que a auga do océano subterráneo deste satélite pode saír doadamente á súa superficie, polo menos nalgunhas ocasións. E é que só puideron detectar estes chorros de vapor de auga durante un período de sete horas.

O estudo detalla que os chorros de vapor de auga miden nada menos 200 quilómetros de altura. Foron observados soamente no Polo Sur deste corpo celeste xeado durante un breve período, sete horas, coincidindo co momento no que está a orbitar a maior distancia de Xúpiter. Segundo cren, os chorros esvaécense cando a lúa pasa moi preto do seu planeta.

O achado, podería ser decisivo á hora de planificar futuras misións de exploración para determinar se Europa, que conta cunha tenue atmosfera, é potencialmente habitable.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next