Facebook Twitter Google +1     Admin

O DINOSAURO "PUNKI"

Publicado: 26/12/2013 08:49 por vgomez en CURIOSIDADES
20131222110454-84337-635x456.jpg

Dinosauro "pico de parulo" / Current Biology

Os restos dun interesante dinosauro momificado, pois conservou partes brandas, que viviu hai uns 72 millóns de anos na actual Alberta (Canadá)  causaron unha enorme sorpresa ao equipo de Australia, Italia e Canadá que o estaba a investigar. O dinosauro "pico de parrulo" (un hadrosáurido) canadense tiña a cabeza tocada cunha crista de tecido brando, que os investigadores equiparan á dos galos. Moitos hadrosáuridos tiñan cristas óseas, relacionadas coas foxas nasais, polo que as súas funcións deberon de ser olfactivas ou sonoras. Pero este non é o caso do novo achado, polo que a utilidade, no caso de tela, deste tipo de pequena crista branda sería diferente; e para defenderse ou combater con outros individuos mellor sería dotarse dun apéndice máis robusto, así que ben puido ter un papel de exhibición social (pois as cristas coñecidas, xa sexa actuais ou fósiles, humanos excluídos, están sempre asociadas a comportamentos de apareamento).

As primeiras reaccións á publicación desta hipótese sospeitan que a crista puidese non ser tal estrutura senón algunha outra parte da pel da cabeza ou do colo do animal que quedase situada nesa curiosa posición durante os procesos de fosilización. Pero os autores do traballo cren que outro exemplar semellante, procedente de Estados Unidos, podería ter tamén a devandita estrutura. Mentres estes aspectos paleontolóxicos se resolven definitivamente podemos fantasiar que, dado que as cristas das aves actuais coas que se compara están presentes en ambos os dous sexos, a primeira "tribo urbana" recoñecible visualmente polos seus toucados remontaríase, polo menos, ao Cretácico Superior norteamericano.

FONTE: Blogosaurio/Xornal El Mundo/Ciencia 

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.





Archivos

Ms

contador de visitas

Blog creado con Blogia. Esta web utiliza cookies para adaptarse a tus preferencias y analítica web.
Blogia apoya a la Fundación Josep Carreras.

Contrato Coloriuris
Plantilla basada en el tema iDream de Templates Next