Blogia
vgomez

RESOLTO O MISTERIO DO DONUT DE MARTE

RESOLTO O MISTERIO DO DONUT DE MARTE

O lugar onde apareceu a rocha en Marte, antes e despois do seu achado / NASA

A Axencia Espacial Estadounidense (NASA) resolveu o misterio sobre unha curiosa rocha atopada en Marte a finais de xaneiro, que parecía saír da nada e alcumada popularmente como “donut de marmelada” (Pinnacle Island) pola súa peculiar aparencia, similar á deste doce, de catro centímetros de diámetro, de cor branca e o seu centro vermello.

O que sorprendeu os científicos non foi só o seu estraño aspecto senón, sobre todo, que non encontraban explicación a como chegara alí, xa que só estaba na segunda de dúas fotografías tomadas tan só con dúas semanas de diferenza polo robot Curiosity sobre a mesma porción de superficie no planeta Marte.

A NASA puxo fin ao misterio ao explicar que a enigmática rocha non era máis que un anaco desprendido dunha rocha maior que desprazara coas súas rodas o propio robot, un enxeño espacial que inspecciona a superficie de Marte en busca de novos descubrimentos sobre este planeta dende o 6 de agosto de 2012.

FONTE: Xornal El Mundo

0 comentarios