Facebook Twitter Google +1     Admin
20140703075251-first-detection-of-water-vapour-large.jpg

Primeira detección de vapor de auga / Imaxe: esa.int

 

A nave da Axencia Espacial Europea (ESA) Rosetta descubriu que o cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko está a emitir auga ao espazo, unha cantidade equiparable a dous vasos de auga pequenos cada segundo, mesmo á xélida distancia de 583 millóns de quilómetros do Sol.

Segundo informa a ESA nun comunicado, as primeiras observacións en que se detectou emisión de vapor de auga foron realizadas co Instrumento de Microondas de Rosetta, MIRO, o pasado 6 de xuño, cando a nave se encontraba a uns 350.000 quilómetros do cometa. Dende entón detectouse vapor de auga cada vez que se apuntou MIRO cara ao cometa.

A auga é un dos principais compoñentes volátiles dos cometas, xunto con monóxido de carbono, metanol e amoníaco. MIRO está deseñado para contribuír a determinar a abundancia de cada un destes ingredientes, clave para entender a natureza do nucleo do cometa, o proceso de emisión en si e en que parte da superficie se orixina.

Estes gases escapan do núcleo cargados de po, formando a coma que rodea o cometa. A medida que o cometa se aproxima ao sol a súa coma expándese; eventualmente, a presión do vento solar fará que unha parte do material que a compón se estenda e forme unha longa cola.

Rosetta estará aí para considerar de preto estes procesos. O cometa e Rosetta chegarán ao punto de máximo achegamento ao sol en agosto de 2015, entre as órbitas da Terra e Marte.

Determinar os cambios no ritmo de produción de vapor de auga e doutros gases, a medida que este corpo xeado se move arredor do sol, é importante para a ciencia que investiga os cometas. Pero tamén é vital para a planificación da misión, porque cando Rosetta estea máis preto do cometa, a emisión de gas pode alterar a traxectoria da nave.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.