Facebook Twitter Google +1     Admin
20140715112711-14047600064333.jpg

Arriba, comparación do tamaño da Pelagornis sandersi co das maiores aves voadoras actuais. Abaixo, fósiles achados / LIZ BRADFORD/DANIEL KSEPKA

Encontrárona durante as obras de construción dunha nova terminal do aeroporto internacional de Charleston, en Carolina del Sur (EUA). A maior ave mariña coñecida que sucou os ceos estaba enterrada dende hai uns 25 millóns de anos na mesma zona dende a que despegan avións na actualidade. Trátase do fósil dunha criatura que tiña unha envergadura de entre seis e sete metros e que, segundo sostén un estudo publicado esta semana en Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), é a ave voadora máis grande que foi descuberta ata agora. Segundo sinalan os autores na súa investigación, estas aves xigantes deberon extinguirse hai uns tres millóns de anos.

Aínda que foi desenterrada en 1983, é agora cando un equipo de investigadores describiu en profundidade a esta nova especie, denominada Pelagornis sandersi, e reconstruíu, a partir de modelos matemáticos baseados na morfoloxía de aves actuais, como conseguía voar cun tamaño semellante. Ata fai non moito, os investigadores crían que unhas ás moi longas impedían o voo. Así, estimaban que aqueles animais cuxa envergadura superara os cinco metros non eran capaces de levantar o voo.

Reconstrucción artística del aspecto que tenía el ave ’Pelagornis...

                                          Reconstrución artística do aspecto que tiña a ave Pelagornis sandersi / LIZ BRADFORD

Non obstante, tras analizar a morfoloxía da Pelagornis sandersi non só móstranse convencidos de que podía voar. Afirman tamén que era un gran planador e que era capaz de percorrer grandes distancias sen apenas bater as súas ás, o que posiblemente lle permitía mesmo cruzar océanos. Debido ao seu gran tamaño, non cren que puidese comezar a voar simplemente movendo as súas ás, senón que posiblemente tiña que percorrer uns metros para tomar impulso e aproveitar as correntes de aire para desprazarse, como a á delta.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.