Blogia
vgomez

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

A tapa de pulpo máis grande do mundo / Imaxe: laregion.net

 

Na miña terra, no Carballiño (Ourense) onte volvérono conseguir. As mans de 20 profesionais da Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras de Arcos conseguiron preparar a tapa de polbo máis grande do mundo. Para iso valéronse de 420 quilos de pulpo ou polbo e dun prato de 5,10 metros de diámetro. Ademais, estes expertos na arte da cocción, o aliño e o picado traballaban baixo a presión dun cronómetro o que non lles impediu bater o seu propio récord. Se o ano pasado o recipiente tiña un diámetro de 4,60 metros e tardaban en enchelo 12 minutos, onte con medio metro máis, completaron a súa tarefa en 10 minutos e 35 segundos.

Este segundo intento sebeuse a que tan só catro memes despois de conseguilo o ano pasado foi superado en Ponferrada (León).

Esta actividade enmárcase na 52 edición da Festa do Pulpo que terá lugar o próximo domingo, día 10, que coincide sempre coa subida ao Monte, nas festas da miña segunda terra, A Guarda.

Xa sabedes para pulpo, Carballiño!

0 comentarios