Facebook Twitter Google +1     Admin

MÚSICA CON CONTIDO AMBIENTAL VI

Publicado: 04/10/2014 07:43 por vgomez en OUTRAS COUSAS

 

A banda de punk rock estadounidense Bad Religion lanza en gran parte dos seus traballos mensaxes de denuncia e concienciación pola destrución do planeta. “Kyoto Now” (Kioto agora), de 2002, é un tema de apoio ao movemento estudantil de igual nome. Os seus integrantes defenden o Protocolo de Kioto, cuxo obxectivo é a redución das emisións de dióxido de carbono (CO2), un dos principais gases de efecto invernadoiro implicados no cambio climático, e que Estados Unidos non se comprometeu a cumprir.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.