Blogia
vgomez

CHEGOU O DÍA PARA PHILAE

CHEGOU O DÍA PARA PHILAE

Simulación separación de Philae de Rosetta / Imaxe: foros.abc.es

A sonda espacial Rosetta esta lista para realizar, mañá mércores, unha manobra que xamais se intentou antes: soltar con precisión un robot de cen quilos, o Philae, para que, tras sete horas de caída, aterre na superficie dun cometa. O obxectivo desta misión da Axencia Europea do Espazo (ESA) é o 67P/Churyumov-Gerasimenko/Churyumov-Gerasimenko, un cometa duns catro quilómetros de diámetro máximo que está agora a unha distancia da Terra de 510 millóns de quilómetros e que viaxa a 55.000 quilómetros por hora en dirección ao Sol.

Segundo o plan, o Philae separarase da Rosetta mañá, mércores, ás 9.35 (hora peninsular) e aterrará cara ás 16.30. Pero, como os sinais tardan (viaxando á velocidade da luz) 28 minutos e 20 segundos en chegar á Terra, de cada paso da operación e do triunfo ou o fracaso desta non se terá noticia ata media hora máis tarde. Entre os primeiros labores do robot está tomar unha foto panorámica, que tamén tardará un tempo en chegar.

A misión Rosetta, que está previsto que dure ata finais de 2015, é a primeira que se pon a dar voltas a un cometa (chegou o pasado 6 de agosto) e envía unha sonda para que aterre nel; a primeira que, acompañando ese corpo celeste na súa viaxe cara ao Sol, vai presenciar os cambios que sofre polo incremento da radiación da estrela; e a primeira en tomar fotos dende a súa superficie (o Philae) e en facer análise in situ da súa composición.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

0 comentarios