Facebook Twitter Google +1     Admin

ESTAMOS DE VOLTA

Publicado: 08/01/2015 08:09 por vgomez en OUTRAS COUSAS
20150107181351-estamos-de-volta.jpg

Estamos de volta / Imaxe: gopixpic.com

Acabouse o turrón, os polvoróns e a festa. Toca volver á rutina e ás clases.

Comezamos este segundo trimestre que nos levará ata o 27 de marzo, venres, no que se entregarán as notas da segunda avaliaciación e empezarán as vacacións de Semana Santa.

Durante estes tres meses só teremos uns días de descans alá polo Entroido, que iste ano cae nos días 16, 17 e 18 de febreiro (luns, martes e mércores).

Resignación e ánimo que queda menos para as próximas vacacións!

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.