Facebook Twitter Google +1     Admin
20150329201948-lagoa-de-doninos.jpg

Lagoa de Doniños (Ferrol-A Coruña) / Imaxe:guias.masmar.net

Conta a lenda que a aldea de Doninos estaba habitada por xentes pagás e irreverentes. As únicas boas persoas eran unha parella que, fartos de tanto escándalo e promiscuidade, decidiron vivir nunha pequeña casiña situada nun outeiro, fóra da aldea.

Vendo Deus a escasa moral daquel pobo, decidiu enviarlles un castigo para destruír aquel niño de corrupción e pecado. Pero concidiu que, ese mesmo día, o home do outeiro baixaba á aldea a vender a súa excelente colleita de trigo, alegre e confiado polo carreiro. Ao chegar á entrada da aldea pareceulle escoitar os berros dunha muller pedindo socorro. Volveu a cabeza e, para o seu espanto, viu á súa muller perseguida por dous soldados. Inmediatamente acudiu na súa axuda, pero entre a vaxetación do bosque perdeunos de vista.

O home, presa do nerviosismo e desepero, quedou atordado uns instantes, pero, cando recuperou o alentó, deuse a volta e, para a súa sorpresa, viu que estaba ante a porta da súa casa.

O delicioso olor a guiso de carne, a suave voz da cantareira da súa muller, a cortina movéndose tranquilamente na ventá, síntomas todos dunha normalidade que o encheu de felicidade. Entrou correndo e abrazouna con infinita alegría, aliviado por vivir unha alucinación sen consecuencias.

De súpeto, un estrondo aterrador asustounos. Dende a ventá viron a magnitude do terrible cataclismo que tivera lugar: as terras abríanse e un abundante manancial de auga sepultaba toda a aldea, convertíndoa nunha lagoa.

Dando grazas a Deus pola súa misericordia, viviron felices sen esquecer nunca o exemplar e drástico castigo enviado sobre aquela aldea de pecadores, que hoxe se coñece como lagoa de Doniños.

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ. Ano 1015

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.