Facebook Twitter Google +1     Admin

O SOL TAMÉN TEN ESTACIÓNS

Publicado: 23/04/2015 08:21 por vgomez en NOTICIAS DAS CIENCIAS
20150419133627-solll.jpg

O Sol tamén ten estacións / Imaxe:larednoticias.com

O feito de que durante o ciclo de 11 anos que vive o Sol se amplifiquen ou debiliten as tormentas solares que poden chegar á atmosfera da Terra débese a que a nosa estrela pasa por un tipo de variabilidade estacional, segundo se desprende do último estudo levado a cabo por un equipo de investigadores do Centro Nacional para a Investigación Atmosférica (EUA) que recolle a revista Nature Communications.

Actualmente encontrámonos no Ciclo Solar 24, que comezou oficialmente o 8 de xaneiro de 2008 e ata agora se descoñecía por que crecía e minguaba a súa actividade dentro do mesmo ciclo ata que culmina no "máximo soar" cada 11 anos aproximadamente.

O certo é que o Sol pasa por dúas variacións, como dúas estacións, impulsadas por unhas bandas de fortes campos magnéticos en cada hemisferio solar. Examinando a influencia das bandas magnéticas en varios ciclos interrelacionados de magnetismo solar descubriron dúas bandas paralelas superpostas de polaridade magnética oposta que se moven lentamente ao longo dun período de case 22 anos dende os hemisferios cara ao ecuador do Sol.

O traballo formula que as bandas superpostas son alimentadas pola rotación interna de Sol; así, a medida que as bandas se moven dentro dos hemisferios, a actividade elévase a un máximo nun período que dura uns 11 meses e logo comeza a diminuír. Esta variación podería equipararse na Terra como o paso dunha estación chuviosa a unha seca (como nas zonas ecuatoriais e tropicais).

Este descubrimento foi posible grazas aos datos de varios satélites da NASA así como de observatorios terrestres que recollen información diaria sobre a estrutura do Sol e a natureza das erupcións solares e das execcións de masa coronal.

Axudará, entre outras cousas, a obter mellores predicións de tormentas xeomagnéticas masivas na atmosfera exterior da Terra que ás veces interrompen as operacións de satélites, comunicacións, redes eléctricas e outras tecnoloxías.

FONTE: Revista Muy Interesante/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.