Facebook Twitter Google +1     Admin

A FOXA DAS MARIANAS

Publicado: 20/05/2015 14:06 por vgomez en VÍDEOS

 

A foxa das Marianas é a máis profunda foxa oceánica coñecida e o lugar máis profundo da codia terrestre. Ten a súa orixe nun proceso de subducción. A subducción é un proceso no que unha parte do leito mariño (neste caso a placa Pacífica) se afunde baixo outra (aquí, a placa Filipina). Aínda que as forzas tectónicas rematan por deformar a placa Pacífica provocando unha inmersión case vertical no interior da Terra, no fondo do mar a placa somérxese nun ángulo relativamente leve. Localízase no fondo do Pacífico noroccidental, o sueste das illas Marianas, preto de Guam.

A foxa ten unha lonxitude de 2.550 km e unha anchura media de 70 quilómetros. A presión no fondo da foxa é de 108.600 kPa (unhas 1072 atm). Paralela á foxa corre un cinto de illas que dá orixe ao arquipélago de illas Marianas, moitas desas illas son de orixe volcánica. O seu punto máis profundo é chamado abismo Challenger con 11.034 m de profundidade e unha presión de 110.000 kPa.

Na foxa encontrouse unha lura xigante do xénero Architeuthis, unha especie descoñecida de linguado e varias especies descoñecidas ata entón. A 11 km de profundidade encontráronse outros tipos de biodiversidade como minúsculos seres vivos unicelulares e unha forma de plancto por agora descoñecida, segundo se publicou na revista Science.

A foxa das Marianas é un dos lugares máis enigmáticos da Terra.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.