Facebook Twitter Google +1     Admin

COMEZA O OUTONO

Publicado: 23/09/2015 00:02 por vgomez en DOCENCIA
20150922235553-fig-3-estampa-otonal1.jpg

Comeza o outono / Imaxe:nuevotiempo.org

Hoxe, mércores, 23 de setembro de 2015, ás 10 horas e 21 minutos, comeza oficialemnete o outono. Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 22 de decembro co comezo do inverno.

O inicio astronómico das estacións vén dado, por convenio, como o instante en que a Terra pasa por unha determinada posición da súa órbita ao redor do Sol. No caso do outono, esta posicion é desde a que o centro do Sol, visto desde a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia lla chama tamén equinoccio de outono.

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.