Blogia
vgomez

EXPOSICIÓN "ÁRTICO ROMPE"

 

A Obra Social "A Caixa" presenta a exposición o "Ártico rompe" que aborda a singularidade deste territorio a través de fotografías, vídeos e innovadores módulos interactivos. As espectaculares imaxes de Andoni Canela Urizar (Tudela-Navarra, 1969) reúnen varias expedicións ao Ártico durante os últimos anos. Canela foi en busca de osos polares, focas de Groenlandia e zorrós Ártico, saíu de caza e pesca con cazadores e pescadores inuit e navegou con científicos e investigadores que estudan o cambio climático no ecosistema Ártico.

A exposición "O Ártico rompe" ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas características físicas e a súa biodiversidade. E todo iso, a través dun centenar de impactantes fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela. As instantáneas deste vasto, inhóspito e impresionante territorio, realizadas expresamente para a mostra, permitirán aos visitantes percorrer os 200 metros cadrados que ocupa a exposición.

Esta exposición estará en Pontevedra do 18 de novembro ao 10 de decembro e estamos a barrallar a posibilidade de ir, sempre e cando contemos cun número suficiente de alumnado de 1º ESO para que a viaxe saia a bo prezo. A idea sería ir o xoves, día 10 de dece,bro, pola tarde. Sairiamos ás 14:30, despois de comer un bocata, e regresariamos sobre as 20 horas.

Animádevos e falade cos vosos Titores!

0 comentarios