Facebook Twitter Google +1     Admin
20151216184805-nuevo-simbolo-reciclaje.jpg

 

Os consumidores estamos cada vez máis concienciados para reciclar, pero ás veces temos dúbidas e non o facemos de maneira correcta. Para facilitar este importante labor ambiental, lanzouse un novo símbolo para etiquetar os envases segundo o colector onde se teñen que depositar.

En 2014 alcanzouse en España un taxa de reciclaxe do 73,7%, segundo datos de Ecoembes (a sociedade sen ánimo de lucro xestora dos residuos do colector amarelo e azul). As cifras de reciclaxe avanzaron nos últimos anos, pero aínda queda marxe de mellora. Un dos aspectos nos que se pode axudar é na diminución dos denominados impropios (os residuos depositados de forma equivocada no colector de reciclaxe). Resulta paradoxal, pero a súa causa principal é a boa vontade dos cidadáns que queren reciclar pero non o fan ben.

Co obxectivo de reducir estes impropios e facilitar o labor ás empresas e os consumidores, Ecoembes anunciaba recentemente un novo símbolo da reciclaxe de envases, un sistema voluntario na súa aplicación e sen custos adicionais para as compañías, comentan os seus responsables.

Algunhas grandes firmas do sector da alimentación xa aseguraron que o incluirán no deseño dos seus produtos, sinala Cristina Muñoz, do equipo de Comunicación da devandita organización, que fomentará o seu uso entre as empresas adheridas ao seu sistema. Por iso, está previsto que nuns meses aparezan os primeiros envases con este símbolo incorporado, de forma que as compañías poidan aproveitar algunha modificación nos seus deseños.

O símbolo está pensado para aparecer de forma visible nos envases máis habituais: os lixeiros que se depositan no colector amarelo, os de cartón no colector azul e os de vidro no colector verde. Cada un dos símbolos leva asociado a cor do colector onde debe depositarse o envase para conseguir a súa adecuada reciclaxe, como se mostra na seguinte imaxe.

En 2014 rexistrouse un 29,9% de impropios nos colectores amarelos no noso país, segundo datos de Ecoembes. Muñoz explica que "ao longo do tempo esta cifra reduciuse, á vez que aumentou a porcentaxe de reciclaxe de envases en España, debido sobre todo ao progresivo incremento da sensibilización cidadá nesta materia. En 2005 esta cifra superaba o 37%, o que indica con claridade como os españois non só reciclamos cada vez máis, senón tamén mellor".

Antonio Barrón, director de comunicación de Ecoembes, lembra algúns dos residuos impropios aparecidos con máis frecuencia nos colectores amarelos: coches teledirigidos, táboas de pasar o ferro, cintas de vídeo VHS ou CD, etc.


A gran variedade de envases e produtos de uso normal nos fogares xera dúbidas entre os consumidores que poden evitarse, se se coñece cales deles pódense reciclar e como. Remitovos aos anrigos publicados neste blog COMO RECICLAR "COUSAS RARAS" DA CASA.

FONTE: Revista Consumer

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.