Facebook Twitter Google +1     Admin

 

A Axencia Espacial Europea (ESA) insistiu a pasada semana na súa idea dunha aldea multinacional de investigación na Lúa para suceder á Estación Espacial Internacional (ISS). Por agora trátase só dunha idea pero de momento é a única opción que está sobre a mesa.

A idea consiste nunha base de exploración lunar ocupada por robots e humanos que potencialmente serviría de escala para viaxes espaciais e sitio de extracción de minerais.

A estación espacial orbital é un proxecto conxunto de Canadá, Estados Unidos, Xapón e Rusia (que acordaron operala e financiala ata polo menos o 2024) e a Unión Europea (UE), que non se comprometeu máis aló do 2020.

Esperan convencer aos Estados membros de que a ESA prorrogue a súa involucramiento na estación espacial. Unha vez que conclúa a ISS, imaxínase á Aldea Lunar como o seu sucesor ideal con fins de exploración.

De película hoxe, unha realidade no futuro!

FONTE: Xornal La Voz de Galicia/Ciencia

Comentarios  Ir a formulario

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.